I CLASIFICATORIA Atletismo en pista – XOGADE (sábado 14 abril, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

atletismoenpistaxogade_iclasificatoria140418.jpg
 
Este sábado 14 de abril comezará a tempada de aire libre para os máis pequenos e pequenas do club, coa celebración nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo da I CLASIFICATORIA de atletismo en pista de XOGADE, que se disputará en horario de mañá e de tarde. Segue lendo!
A Escola de Atletismo do Lucus Caixa Rural Galega participará nesta primeira data ao aire libre coas categorías benxamín, alevín e infantil; xornada na que tamén poderá competir a categoría cadete do club, nas distintas probas que se disputarán pola mañá e pola tarde.
 

HORARIO
horario14abril_ma.png
 
horario14abril_tarde.png

 

Como é habitual, lembrade ter en conta os seguintes aspectos importantes de cara a competición:
 
  • Acudir ás pistas, polo menos, 50 minutos antes da hora do inicio da proba.

  • Vestir a equipación de competir do club e traer as zapatillas de cravos, en caso de telas.

  • Levar imperdibles suficientes para colocar de xeito adecuado o dorsal que proporcione a organización.
 

IMPORTANTE: se aínda non respondéstedes ao correo electrónico que se vos enviou para as confirmacións de participación (ou non o recibístedes), facédeo na maior brevidade posible para contar con todos e todas as atletas que queiran participar ou quedarán fóra de prazo para inscribirse.


Calquera dúbida ou cuestión que poidades ter, podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico da Escola (escolalucus@gmail.com).
 

Esperámosvos!!
   

Enlace con la noticia original: I CLASIFICATORIA Atletismo en pista – XOGADE (sábado 14 abril, Lugo)

Mas noticias relacionadas