
Publicado por: Lucus Atletismo

Un ano máis, xa está ABERTA A INSCRICIÓN e reserva de praza para a Tempada 2025/26 da nosa Escola de Atletismo, que dará comezo o próximo martes 9 de setembro nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo.
Unha das principais novidades é que recuperamos os grupos pre-pandemia co fin de facilitar a conciliación familiar, ademais de manter as seguintes vantaxes:
-
checkmark big circle
Proba gratuíta durante o mes de setembro. -
checkmark big circle
Horario de martes a venres ás 18:00 horas. -
checkmark big circle
Conxelamos as cotas da tempada anterior. -
checkmark big circle
Cota reducida e descontos especiais para familias. -
checkmark big circle
Posibilidade de pago telemático en cota única ou mensual.
Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días:
- Categorías SUB8 (2020-2019) e SUB10 (2018-2017): a escoller ata 3 días/semana.
- Martes a venres de 18:00 a 19:00 horas.
- Categorías SUB12 (2016-2015): a escoller ata 3 días/semana.
- Martes a venres de 18:00 a 19:30 horas.
- Categorías SUB14 (2014-2013): a escoller ata 4 días/semana.
- Martes a venres de 18:00 a 19:30 horas.
- Consulta a información ou contacta con nós en …
-
(+34) 664 321 302
-
escola@atletismolucus.org
… E SE TES 13 ANOS OU MÁIS?
Para atletas do ano 2012 e anteriores, podes consultar a información do Club para as categorías SUB16 en adiante.
Os adestramentos darán comezo en setembro.
⇲ Información Club – Tempada 2025/26
Xa non queda nada para comezar, anímaste?
Vémonos pronto! 
Enlace con la noticia original: INSCRICIÓN NA ESCOLA DE ATLETISMO – TEMPADA 2025/26

