Publicado por: F.G. Atletismo
Cos ecos ainda soando da gran actuación dos atletas galegos no pasado campionato do Mundo celebrado en Tokio, na que se logrou o mellor resultado do noso atletismo autonómico en conxunto, toca facer un pouco de historia e analizar a participación galega ao longo de todas as edicións deste campionato.
De Tokio a Tokio
As dúas primeiras cidades que acolleron uns campionatos do mundo foron Helsinki no ano1983 e Roma no 1987, ambas sen presenza galega pero que daban ao atletismo hispano as primeiras medallas, en concreto as pratas do marchador catalán Josep Marín sobre os 50 Km. marcha e de José Luis González catro anos máis tarde na capital italiana sobre a distancia dos 1.500 m.
Tivemos que agradar ata a terceira edición do ano 1991, e xa con periodicidade bianual, para que nada menos que catros atletas galegos gañaran a súa presenza en Toko-91, Angeles Barreiro en disco, Julia Vaquero nos 3.000 m., Julian Sotelo en Xavelina e Alejandro Gómez quen a piques estivo de acadar posto de finalista, sobre a distancia dos 10.000 m. na que remataba na novena posición
Desde entón, Galicia sempre contou con atletas que estiveron presentes nuns campionatos mundiais -con excepción de Helsinki-2005 e Pekín-2015- o que pon en valor a importancia do noso deporte a nivel internacional. Sumadas todas as participacións galegas, estas dan a cifra total de 45 actuacións en 16 campionatos das cales 21 son para atletas femininas e 23 para as masculinas o que representa practicamente a paridade en canto a sexos.
En canto ao número de participacións galegas, os que máis edicións suman son a mítica Julia Vaquero con catro (Tokio-91, Sttugart-93, Atenas-97 e Sevilla-99) e como Adrian Ben quen con esta recente convocatoria, iguala en número á atleta da Guarda (Doha-2019, Oregón-2022; Budapest-2023 e Tokio-2025)
Medallas moi caras
A calidade e o nivel que se da nun campionato do mundo é algo que ninguén pon en dúbida xa que tanto os seus premios económicos (ata 70.000 € para o gañador en Tokio +pluses) como o seu gran prestixio, fan do mesmo unha cita cun gran nivel de participación na que estar na final xa é de por si un gran premio.
Precisamente son Andrés Díaz e Julia Vaquero en Sevilla-1999; Adrián Ben en Doha-2019, Budapest-2023 e Tokio-2025; Ana Peleteiro en Doha-2019 e Dani e Antía Chamosa en Tokio-2025, son os únicos que lograron acceder ou rematar nun dos oito postos que dan condición de finalista, sendo tanto Adrián Ben en Budapest 4º como Andrés Díaz 5º en Sevilla os que estiveron máis preto do podio.
Manda a maratón
Por sectores, o fondo foi historicamente a carta de presentación dos nosos atletas e nivel internacional ata practicamente os últimos anos do século pasado na que os lanzamentos, medio fondo, saltos e marcha comezaron a ter máis notoriedade. Entre elas, a proba da maratón a instancias dos grandes impulsores e impulsoras María Abel, Alexandra Aguilar, Alejandro Gómez, Pero Nimo e Tariku Novales, é a que conta con máis participacións cun total de sete desde Sevilla-1999 ata Budapest-2023.
Foto EFE
O artigo Mundiais de atletismo, de Ángeles Barreiro a Antía Chamosa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Mundiais de atletismo, de Ángeles Barreiro a Antía Chamosa