NOVO REGULAMENTO RESUMIDO

Publicado por: Ourense Atletismo

Á espera de establecer o novo regulamento interno, a Xunta Directiva do Club Ourense Atletismo vén de aprobar o novo Regulamento resumido no que a principal novidade é a incorporación da categoría sub16 no baremo de premios a cambio da supresión do desconto do 50% na matrícula pola participación en Campionatos de España individuais ou coa selección galega. Do mesmo modo, adáptase o criterio para sufragar os gastos de desprazamento e manutención nos Campionatos de España individuais, axustándose aos actuais criterios de clasificación establecidos pola RFEA, sufragándose o 50% a quenes se clasifiquen coa mínima B salvo que queden en posto de finalista (8 primeiros) en cuxo caso será o 100%, igualándose con quen obteña a mínima A.

Tanto a nova normativa como o baremo para o 2024 pódese consultar na páxina de normativa do club.

La entrada NOVO REGULAMENTO RESUMIDO apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: NOVO REGULAMENTO RESUMIDO

Mas noticias relacionadas