Plan Galego de Tecnificación Deportiva 2021

Publicado por: Ourense Atletismo

Primeria Sesión Técnica e de Control

A proposta do responsable do sector de lanzamentos Raimundo Fernández, convócase a vintesete atletas das categorías Sub14 ata Sub20 a unha sesión técnica no INEF Galicia de Bastiagueiro.

A cita será este sábado día 27 nos horarios de 11.30 a 13.30 h. contando ca coordinación de Pepe Domínguez e a presenza do cinco veces olímpico e adestrador Frank Casañas.

Con esta xornada técnica, reactívase presencialmente o Plan Galego de Tecnificación Atlética 2021 que estivo sen desenvolverse como consecuencia da situación sanitaria.

Como é costume, están convidados os adesteradores/as personais das e dos atletas convocados, sendo indispensable, e como único requisito, o de confirmar obrigatoriamente a asistencia (tanto de adestradores como de atletas) na ligazón de confirmación antes das 20.00 horas do xoves día 22.

A non confirmación da asistencia será considerada como renuncia a tomar parte na sesión técnica.
É necesario en todos os casos a presentación da declaración responsable para formar parte da actividade, a través do seguinte ligazón: https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2021/04/Declaracion-Responsable-ProtocoloFGA24042021.pdf

Nesta primeira edición foi seleccionado un atleta do noso club o lanzador da categoría Sub 16 Iker Gómez Nieves.

 

Circular

 

La entrada Plan Galego de Tecnificación Deportiva 2021 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: Plan Galego de Tecnificación Deportiva 2021

Mas noticias relacionadas