Publicado por: Ourense Atletismo
Comeza o Circuito de Atletismo en Pista coa disputa da primeira proba no C.G.T.D. de (Pontevedra) o mércores 28 de abril.
Esta proba está organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz e coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Os/As participantes no triplo sub 14 e no disco Sub14-Sub16 terán 3 intentos.
As inscricións: ata as 22:00 horas do sábado 24 de abril.
No caso superar o límite de participantes, terán preferencia na admisión os atletas da entidade
organizadora e seguidamente os atletas das entidades do concello de Pontevedra. Por último,
aplicarase o criterio de mellores marcas das tempadas 2020 e 2021.
As probas serán para as categorías sub14 en diante e terán lugar en xornada de tarde.
La entrada XLVII Trofeo Boa Vila apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: XLVII Trofeo Boa Vila