O 3º Trofeo Patrocinador master foi para Alves (De la Fuente)

Publicado por: F.G. Ciclismo

Alonso en 30; Oliveira en 40 e De la Fuente en 50, máis líderes da Copa Galicia master

O master 30 Carlos Alves (De la Fuente) foi o máis rápido na liña de meta de Praia Xardín en Boiro, escenario do 3º Trofeo Patrocinador organizado polo Club Ciclista Barbanza. Alves impúxose a Eduardo Tajes ( M40Norinver) e Diego Quintela ( M30 – Betanzos) quen, xunto a Daniel Regueiro (M30 – Chantadino) culminaron ao sprint a fuga boa do día con máis dun minuto de vantaxe sobre o pelotón no que circulaban os líderes da Copa Galicia da categoría.

Precisamente foi o líder dos master 40 Rubén Fernández (Norinver) quen deu tempo ao grupo principal no que se atopaban os portadores das camisolas Javier de la Fuente (M50Norinver) e Iago Alonso (Chantadino). Os tres terán que defender a súa vantaxe na última carreira da Copa, o II Trofeo Master Vila dás Pontes.

A proba disputouse nunha distancia de 75 quilómetros con saída e chegada a pé de Praia Xardín e contou cunha participación dun centenar de ciclistas. O acto de entrega de premios estivo presidido por Juan José Dieste, alcalde de Boiro; Nolo Romeu, Concelleiro de deportes e Ricardo Rivero, presidente do CC Barbanza


Enlace con la noticia original: O 3º Trofeo Patrocinador master foi para Alves (De la Fuente)

Mas noticias relacionadas