Picoaga vestiuse de líder da Transgalaica en Ames e Busto repetiu triunfo

Publicado por: F.G. Ciclismo

O Concello de Ames acolleu este domingo, por cuarta vez, unha proba da Transgalaica. A xornada estivo marcada polo embarrado do terreo debido ás choivas dos últimos días. Iso non impediu de todas as maneiras que os corredores gozasen dun espectacular circuíto. De maneira puntual tomaron a saída os máis de 400 corredores inscritos, dispostos a afrontar os 62 quilómetros do percorrido preparado pola xente de OEA.

Na categoría masculina viviuse un intenso duelo entre Javi Busto ( Extol-La Gramola Team) e o novísimo Estefan González (Burgas Bike Team) resolto a favor do primeiro nun espectacular sprint na mesma recta de meta. Terceiro en meta foi Manuel Casuso (Avelaíñas).

Entre as mulleres vitoria e liderado para Isabel Picoaga (CC 7 Voltas). Isabel logra desta maneira a súa cuarta vitoria nunha proba da Transgalaica despois de Ames '17 e A Estrada '17 e '18. Acompañárona no podio Silvia Blanco ( Avelaíñas) e Diana Blanco (Barbanza Bike).

Na clasificación por equipos nova vitoria de Extol-La Gramola Team, aínda que nesta ocasión moi disputada polo Burgas Bike Team que quedou a pouco máis dun minuto.

 

Texto e foto: Transgalaica 


Enlace con la noticia original: Picoaga vestiuse de líder da Transgalaica en Ames e Busto repetiu triunfo

Mas noticias relacionadas