XII Duatlón Cross Concello de Poio – Campionato Galego

XII Duatlón Cross Concello de Poio – Campionato Galego

Tema: 

Este martes remata o prazo para inscribirse na última proba da temporada de duatlón cross, a súa vez campionato galego desta modalidade. O XII Duatlón Cross Concello de Poio, organizado polo CCT Poio, disputarase este domingo 4 de febreiro (11:00 horas) no renovado circuíto de Samieira. 

Esta cita é a última do convenio de colaboración acordado entre a Federación Galega de Ciclismo e a Federación Galega de Triatlón. 

Non será a primeira vez que o campionato galego desta modalidade se celebre en Samieira. O pasado ano xa foi a sede deste evento e tamén ten acollido Campionatos de Galicia de Cross Country Olímpico (XCO). 

Fai clik neste enlace para inscribirte 


Publicada en: <a href='XII Duatlón Cross Concello de Poio – Campionato Galego‘ target=’_blank’>XII Duatlón Cross Concello de Poio – Campionato Galego – F.G. Ciclismo

Mas noticias relacionadas