Publicado por: F.G. Atletismo
Preto dun cento de atletas acudirán esta fin de semana ata o Barco de Valdeorras para tomar parte no Campionato Xunta de Galicia dos 5K que xuntará a parte dos mellores especialistas das categorías absoluta, sub23, sub20, sub18 e máster.
Na categoría masculina, ante a ausencia do actual campión galego David de la Fuente, toda a responsabilidade recaerá sobre o subcampión galego da pasada edición, e unha das grandes promesas do atletismo galego, Alex Sierpes que malia sendo Sub18 de primeiro ano, todo apunta a que podería estar no máis alto do podio.
Na catagoría femina tampouco estarán presentes ninguha das medallistas do ano pasado polo que a loita podería estar a priori entre Alejandra Formoso do Triki Team, e a internacional Leticia Fernández do ADAS CUPA que logo da súa maternidade, regresa pouco a pouco á competición.
O campión galego do ano pasado na M35 Emilio Pérez do ADAS CUPA será outro dos atletas destacados que participe nesta edición xunto a Alejo Ares do ADAS CUPA na M35, Ramón Serates do Coruña Comarca na M55 ou Martina Tasende do ADAS CUPA na F45.
Presenza de varios medallistas estatais dos 5K de Ames
Un dos engadidos deste campionato será o de poder contar ca presenza dalgúns e dalgunhas das medallistas do pasado campionato de España de 5K máster celebrado recentemente en Ames. Entre elas destaca a participación da campioa estatal Mari Carmen Rodríguez do SD Compostela, quen tomará parte na categoría F70. Xunto ela tamén estarán participando os medallistas Antonio Teijido do Ría de Foz na M35 e Manuel Suárez na M65 do club Veteranos de Samil.
O artigo As medallas dos 5K decídense en O Barco publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: As medallas dos 5K decídense en O Barco
