UD Ourense 1-3 Umia CF: Boa imaxe, pero mal resultado

Publicado por: U.D. Ourense

Derrota da UD Ourense na casa fronte a un Umia que marcou as pautas na primeira metade, logrando unha renta de dous tantos. As de Rubén García reaccionaron no segundo tempo, meténdose no encontro e dispondo dalgunha oportunidade para empatar.  Terceira derrota consecutiva das ourensás, que todavía deben selar a permanencia.

Outro partido co mel nos beizos, así poderiamos titular esta crónica do partido da sección feminina da UD Ourense, que se ben non fixo unha gran primeira metade, reaccionou e volcouse na segunda, pero non foi suficiente. Os erros defensivos condearon as vermellas a unha nova derrota ligueira, pero unha vez máis deixando unha gran imaxe e dando a cara polo escudo en todo momento.

O partido comezou con homenaxe a Jani, que se perderá o que resta de tempada. As ourensás non quixeron deixar pasar a oportunidade de desexarlle unha pronta recuperación cunha pancarta antes do partido en Monte da Aira.

Centrándonos no encontro, tras un tanteo inicial sen un claro dominador, as centrocampistas do Umia conseguiron empezarse a impor mediada a primeira metade e froito delo chegaron as primeiras accións de perigo sobre a meta de Noe. A de Verín cuaxou unha gran actuación, que comezou cun penalti detido, na primeira oportunidade clara das visitantes.

As visitantes volcábanse e as nosas costáballes chegar con perigo. Nunha desas chegadas das de Ribadumia, chegou o primeiro tanto do encontro, obra de Vero tras aproveitar un erro da nosa zaga. Cinco minutos despois chegaría o segundo, obra de Antía, que supuña un xarro de auga fría para as pupilas de Rubén García e permitía as visitantes replegarse e conservar o marcador.

Con derrota momentánea de 0-2, chegábase o descanso. Tralo paso por vestiarios víronse os millores minutos das ourensás, que dispuxeron de dúas boas ocasións en botas de Emma e Laura. Ambas serían protagonistas da seguinte xogada, na que Laura asistía e Emma anotaba un tanto que voltaba a meter as nosas no partido.

Tentouno o Ourense, que dispuxo de boas oportunidades con disparos de Dana e Zaira, pero non conseguiron ver porta. Co equipo volcado chegou o terceiro do Umia e a sentencia para as nosas. Deste xeito, as de Rubén García deberán esperar a próxima semá para lograr un triunfo que se resiste. O Boiro será o próximo desprazamento das nosas.

 

 

La entrada UD Ourense 1-3 Umia CF: Boa imaxe, pero mal resultado se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-3 Umia CF: Boa imaxe, pero mal resultado

Mas noticias relacionadas